Mercado libre para os pequenos
Por ArturoLosada
Ago 5O mercado libre ven sendo como a moral cristiana, unha cousa que se invoca so cando convén e que se lle aplica só a quen convén. Ningún constructor acordouse de invocar a Adam Smith agora que o goberno anunciou que lles ía mercar un chan que non dan vendido para facer vivendas protexidas (coma se o que faltara son vivendas baleiras que coller e protexer…) E iso que non hai tanto puxeran o grito no ceo por aquilo de reservar o 40% do solo para pisos públicos.
Intervencionismo si, pero a vaquiña polo que vale. Hai crise, enterremos o libre mercado ata que volvan as vacas gordas, ou non, xa veremos. Porque competencia e autorregulación seguen a descansar sobre os ombreiros dos pequenos productores, como agricultores, gandeiros, pescadores ou bateeiros.
Eles son moitos e non adoitan ter moita influencia máis aló da sua leira, batea ou barco de pesca. Producen o que poden e afánanse en vendelos a unhas industrias de transformación e distribución que son poucas, e normalmente pertencen a redes multinacionais.
Moita competencia, pouca oferta. E as industias non teñen que facer moitas chamadas para poñerse de acordo e marcar unha rebaixa de prezos, unha práctica moi pouco liberal, pero sempre atoparán alguén que lla acepte. Porque sempre haberá alguén a quen lle compense vender barato se os demáis non venden nada.
De ahi que agricultores, gandeiros, pescadores e (hoxe mesmo) bateeiros leven todo ano organizando protestas nas que sobresae unha reivindicación común en distintas formas: regulación de prezos. Non, non é libre mercado, pero ao mellor non era tan mala idea…

Estou dacordo coa idea que presentas respecto á compra por parte do Estado do chan que as constructoras non poden vender, aínda a sabendas de que tempo atrás se negaron a esa venda, e que será adicado a vivenda protexida. E sobre todo quero remarcar a nosa escasa forza como pobo e sociedade, o exceso de medo do que podemos presumir porque non nos enfrentamos nin a empresarios nin a gobernantes (outros empresarios, pero seica que elixidos democraticamente…) porque, como ben dis, hai centos e milleiros de vivendas libres no terreo estatal que están deshabitadas. A solución: ocupación. Non é preciso a violencia, só exercer o dereito a unha vivenda digna e, de paso, atacar á especulación que tanto magoa ás economías familiares, as que se quedan fora do xogo e máis sufren en momentos de crise económica como estes.
Así que forza e ánimo, se non nos deixan disfrutar dos nosos dereitos deberiamos poder atacar tamén aos seus, limitar o seu dereito a propiedade privada como eles limitan o noso cos seus prohibitivos prezos. Nós non podemos e iso é pola súa culpa.
Diñeiro = exclusión