Arquivo de Ago, 2008.

Chegan as fotogalerías

Por Redacción
Ago 8

Hoxe toca presentar un novo servizo, orientado precisamente para tí, que nos les e enriqueces coas túas opinións as noticias de Galiciae. Son as fotogalerías, o lugar onde podes subir as fotos que queiras compartir co resto da comunidade. Podes acceder a elas mediante mediante o ‘banner’ de portada ou no menú Comunidade.

Disque unha imaxe vale máis que mil palabras. Pois é o momento de comprobalo. Dende unha imaxe para denunciar unha situación inxusta ou unha desfeita urbanística, ata unha que resuma o último concerto no que estiveches.

Fotogalería

Tamén podes ensinarlle ao mundo (ou cando menos a unha pequena parte del) a túa mascota ou darnos algunha envexa cos lugares exóticos ou cercanos que visitas. E se atopas unha festa polo camiño, ¡fáinolo saber!

Coas fotos sucede o mesmo que cos comentarios, publicarémolas mentres non supoñan unha falta de respecto a ninguén, ou atenten contra a privacidade de quen sae nelas. En outras palabras, algo de sentidiño fainos ben a todos. E falando de comentarios, as fotos pódense comentar e valorar, como se fose calquera outra noticia.

E trala explicación, unha petición: ¡divírtete co novo servizo!

Arquivado en: Diario | Comentarios (0)

Mercado libre para os pequenos

Por ArturoLosada
Ago 5

O mercado libre ven sendo como a moral cristiana, unha cousa que se invoca so cando convén e que se lle aplica só a quen convén. Ningún constructor acordouse de invocar a Adam Smith agora que o goberno anunciou que lles ía mercar un chan que non dan vendido para facer vivendas protexidas (coma se o que faltara son vivendas baleiras que coller e protexer…) E iso que non hai tanto puxeran o grito no ceo por aquilo de reservar o 40% do solo para pisos públicos.

Intervencionismo si, pero a vaquiña polo que vale. Hai crise, enterremos o libre mercado ata que volvan as vacas gordas, ou non, xa veremos. Porque competencia e autorregulación seguen a descansar sobre os ombreiros dos pequenos productores, como agricultores, gandeiros, pescadores ou bateeiros.

Eles son moitos e non adoitan ter moita influencia máis aló da sua leira, batea ou barco de pesca. Producen o que poden e afánanse en vendelos  a unhas industrias de transformación e distribución que son poucas, e normalmente pertencen a redes multinacionais.

Moita competencia, pouca oferta. E as industias non teñen que facer moitas chamadas para poñerse de acordo e marcar unha rebaixa de prezos, unha práctica moi pouco liberal, pero sempre atoparán alguén que lla acepte. Porque sempre haberá alguén a quen lle compense vender barato se os demáis non venden nada.

De ahi que agricultores, gandeiros, pescadores e (hoxe mesmo) bateeiros leven todo ano organizando protestas nas que sobresae unha reivindicación común en distintas formas: regulación de prezos. Non, non é libre mercado, pero ao mellor non era tan mala idea…

Arquivado en: Desbarrando | Comentarios (1)
Rotativa cúbica

Rotativa cúbica

Así son as cousas do xornalismo. Ás veces parecen un contrasentido, pero quizáis só é cuestión de velas dende unha perspectiva diferente. Como non nacemos aprendidos, iremos debullando os nosos descubrimentos nesta esquina da rede.

Comentarios recentes