Os grandes damnificados do triunfo de España
Por ArturoLosada
Xun 23O fútbol é un deporte no que pode pasar de todo, mesmo que unha selección como España, de xogo irregular (pese a quen pese), venza á campiona do Mundo nunha das súas especialidades: as quenda de penaltis.
A maioría dos medios de comunicación do Estado están moi contentos de ter dado esta noticia, así como a maioría do público dos medios de comunicación está moi contento de tela lido entre tanta desgracia que enche as portadas.Foi unha sorte que a Cesc Fábregas lle dese por meter o seu primeiro penalti dende que tiña 15 anos.
Mire vostede que pouca cousa fai falla para deixar feliz a tanta xente.Pero había poucos que apostaran por tal cousa cando comezou o torneo. “Outro ano máis sen pasar de cuartos”, dicíase nos bares. “Nin de coña pisan as semifinais”, dicían os directivos de Media Markt, “imos prometer que se o logran, devolvemos o 25% da pasta de todos os televisores que merquen durante a Eurocopa”.
E claro, hoxe son os principais damnificados do éxito español, porque lle van ter que soltar a pasta a 13.500 clientes. Imaxínenos mordendo as unllas ante as paradas de Casillas, vendo billetes voar pola fiestras… ou vales de compra, máis ben. Mire vostede que pouca cousa fai falla para facer felices a 13.500 persoas.

Xa sabía eu que non debía ter mercado unha radio…