Jiménez Losantos, os medios como arietes
Por ArturoLosada
Mai 30Esta semana vimos a Federico Jiménez Losantos sentado no banco dos acusados, unha imaxe que tal vez debería ser máis habitual tras anos linguaxe groso, acusacións infundadas e calumnias a todo aquel que non fora do seu agrado.
A estas alturas xa estarán vostedes enterados do caso. Alberto Ruíz-Gallardón dixo un día que non lle parecía ben usar o 11-M como ferramenta de oposición política, e iso valeulle a Losantos, coa súa elegancia habitual, para chamarlle “traidor, siniestro, bandido, lacayo del Gobierno, caradura e hijo de Satanás. Te lo repito, alcaldín, 200 muertos, 1.500 heridos y un golpe brutal para echar a tu partido del Gobierno. Te da igual, Gallardón, con tal de llegar tú al poder”.
No xulgado, Losantos intentou a complicada carambola de demostrar que esta diatriba tan fermosa non é un delicto de inxurias, pero as excusas que puxo ao seu favor están a altura de clásicos “o meu can comeu os deberes, profesora”. Dixo que insultando ao alcalde buscaba xustiza para as vítimas do 11-M, do mesmo xeito, suponse, que os EEUU buscan democracia nas súas correrías militares internacionais. Dixo tamén que na radio non se diferencia información de opinión por que será, enton, que nos avisan tras o pito das horas de que comeza un informativo? 
En fin, entra dentro do normal que o locutor/pontífice intente defender a súa causa. Pero o que xa máis que pensar é que Pedro Jota Ramírez e José Alejandro Vara pechen filas en torno a el, por unha extraña ‘cortesía profesional’, algo que non tiveron valor para facer nin sequera os altos representantes do PP máis ‘ultramontano’ unha vez postos ante o xuiz.
Din eles, os grandes mediáticos, que o que está en xogo neste xuizo é o dereito dos xornalistas a xulgar e a valorar as noticias, de ahí que saian en defensa de Losantos, preocupados por ter que poñer a remollar as súas barbas.
Máis non, penso eu. O que ten que decidir aquí a señora maxistrada é o dereito a empregar o poder dun medio de comunicación como ariete contra os rivais, a dicir calquera cousa só para facer dano sen preocuparse de se é certo ou non, algo que certas cabeceiras da dereita semellan dispostas a defender custe o que custe.
Máis aló da falta de rigor, da rutina, da interpretación interesada e do adormecimento do sentido crítico, males comúns na prensa española e mundial, están os insultos, a agresión directa e a mentira. Son cousas ás que a lei lles debería poñer freo. E agardo sinceramente que o fagan neste caso.

Federico es un Tío Cojonudo
Un xuizo sen condea é coma se non existira.
Xa veremos o que pasa… pero non parece que sexa nada máis que polémica.
Esta opinión es personal y no pretendo ofender a nadie pero exactamente las palabras de Gallardon fueron que había que obviar el 11m. Y claro decir que dijo que no se debía hacer oposición con el 11m es poner en boca de Gallardon algo que no dijo. Y decir algo que no dijo es manipular. Hay mucha gente en este país interesada en silenciar a Federico, lo veo normal porque para muchos es una persona incómoda pero lo grave es que si se silencian las voces críticas con el poder entonces a donde vamos, ¿a un pensamiento único? Dictadura ya pasamos una y no nos fue muy bien, sobre todo a los gallegos que nos tuvimos que ir de Galicia para poder comer y que pudieran también comer los que allí quedaron.
“O que ten que decidir aquí a señora maxistrada é o dereito a empregar o poder dun medio de comunicación como ariete contra os rivais.”
Isto é o que di o propio autor do artigo,pero,non vexo que denunciara a manipulación sufrida dende o 11M ata o dia 14M despois das eleccións mentras incitaban a un país que estaba tentando recuperarse do mazazo sufrido aproveitandose da xente e incitando a votar por un cambio,a parte dos insultos vertidos sobre Aznar durante os oito anos de goberno de este.Por certo,tódolos días se oen en tódalas cadenas de radio ou se observan no resto de medios de comunicación peores insultos hacia Federico e Pedro J. Ramírez e estes non se queixan.Aquí o único que hai son ansias da esquerda de calar ás voces críticas co seu goberno,para dominar os medios de comunicación e controlar as masas e o poder.Só queremos liberdade de expresión!!
por certo esqueceuseme dicilo,a manipulación exercida pola cadena SER e os medios do grupo Prisa,ainda lembro a Paco Gonzalez(Carrusel Deportivo,SI,DEPORTIVO e non político)dicindo que había que ir a votar contra os que mentían(por suposto referíndose ao goberno do PP)