Cuestión de perspectiva
Por Silvia Canabal
Mai 20Hai un mes, o pesqueiro vasco ‘Playa de Bakio’ foi asaltado por piratas somalís en augas do Índico. Os políticos prometeron medidas e onte mesmo a ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño pedía á UE que no marco da ONU se estableza un sistema de seguridade colectiva para evitar a piratería nas augas do Indico.
Mentres España pide vixilancia, a ONU xa prometeu intervir no conflito que vive Somalia para tentar pacificar o país e poder poñer fin á piratería.
Pero un mes despois, en Somalia hai outros titulares:
A fame ameaza a 2,6 millóns de persoas, un 35% da poboación
Somalia e Iraq, os países máis violentos do mundo segundo o ‘Índice Global da Paz’

Cuestión de perspectiva
