Benvido LV
Por Redacción
Mai 20A partir de hoxe, a versión dixital de ‘LV. De Luns a Venres‘, o primeiro gratuito en galego, únese á ‘familia Galiciae’.
Ata o de agora, a versión web deste xornal xa enlazaba a noticias de Galiciae.com pero seguía a ser formalmente independente. Dende hoxe, adopta un deseño e unha estrutura similar á dos restos de medios da plataforma (Galiciae.com, El Progreso, Diario de Pontevedra e o económico Nova+) pero coa súa propia cabeceira.
Ademais da maioría dos contidos xa dispoñibles en Galiciae.com -na súa versión galega- o usuario poderá atopar novas firmas, a hemeroteca en PDF ou os puntos de distribución do xornal. Progresivamente, iránse abrindo novas fiestras e contido e ampliando a colaboración entre a redacción de Galiciae e a de LV.

‘LV. De Luns a Venres’ apareceu en novembro do 2006 como unha aposta por construir un novo medio galego e en galego. Actualmente distribúe 50.000 exemplares nas setes principais cidades galegas.
A dirección habitual de LV (www.l-v.es) segue dispoñible, pero o acceso tamén está aberto pola nova dirección lv.galiciae.com.
