Nova+ en Galiciae
Por Redacción
Abr 22Despois dalgunhas semanas en probas, Nova+, o xornal económico do grupo El Progreso que se publica mensualmente dende novembro do 2006, pasa a integrarse na plataforma Galiciae.
Ademais dos contidos que ata o de agora se viña ofrecendo na sección de economía, refórzase con novas temáticas, o blog de actualidade económica “Dixéronme” e coa posibilidade de acceder ós PDF de Nova+.
Ademais de acceder a el da mesma forma que a anterior sección económica, pasa a estar activo o dominio NOVA-MAS.com. Así que benvida ós compañeiros.

