E as portas de Meirás abríronse
Por Silvia Canabal
Abr 17Por fin os técnicos da Xunta viron o Pazo de Meirás máis aló do timbre. A familia Franco accedera, previa orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a permitir a visita da Administración nunha data acordada por ambas partes, que non se faría pública para “respectar a intimidade dos afectados”.
Os especialistas en Patrimonio chegarón á residencia de veraneo dos Franco e entraron sen facer ruido. Saíron puntualmente ás dúas da tarde, de novo sen facer ningunha declaración, pero desta vez rodeados de xornalistas.

A data non saltou aos medios ata que os técnicos da Xunta estaban dentro de Meirás, pero cando o fixo apareceu en portada de todos os medios dixitais galegos e a meirande parte dos estatais. E agora faltan as reaccións, columnas de analistas varios, e opinadores de todo tipo.
O concepto de darlle ”publicidade” a unha actuación é difuso. Pero claro, se os Franco non tivesen pechado a porta nas narices de Patrimonio meses atrás, igual o tema non tería ocupado nin unha contraportada.
