Denuncias en roldas de prensa
Por Claudia Neira
Mar 27As roldas de prensa estanse a converter nunha antesala dos xulgados. Antes de presentar oficialmente unha denuncia ou simplemente para poñer a parir ao contrario nada mellor que convocar aos medios a unha presentación en vivo e con “probas” (se son audiovisuais mellor).
.jpg&tipo=350)
Se as cousas se fan ben e os xornalistas non nos molestamos en preguntar demasiado, o resultado máis probable será que os medios recollan simplemente un relato da rolda de prensa aderezado de declaracións, quizais con algunha outra opinión dos aludidos sobre o tema.Só así se explica que o PPdeG (o exemplo máis recente pero non o único en empregar esta táctica) acuse á Consellería de Medio Ambiente e a Sogama -en rolda de prensa, por suposto- de acumular lixo nun vertedoiro ”ilegal” próximo á planta de Cerceda, un lugar onde se levan depositando residuos case desde a posta en marcha do complexo no 2001.
Arquivado en: Cousas que non se explican
