A nena de Rajoy
Por Claudia Neira
Feb 28Como o debate entre os tres líderes galegos veu sendo unha reprodución algo fóra de lugar do primeiro cara a cara entre Rajoy e Zapatero (con cronómetro, voltas aos datos para verter acusacións mutuas e poucas propostas) iso si, en clave autonómica, voulle dedicar o meu tempo á ‘nena’ que mencionou Rajoy no peche da súa intervención o pasado luns, e que sen dúbida pasará a ser a anécdota pola que se recorde o primeiro debate en eleccións xerais desde ano 1993.
Para mostra, os SMS que comezan a circular asinados pola futura meniña, pero sobre todo os vídeos que xa se poden ver no Youtube, uns simplemente poñendo música de fondo e voz afrautada ás declaracións de Rajoy, outros presentando en animación o futuro ‘posible’ ao que se refería o candidato popular.
