Sobre o visado por puntos…
Por Claudia Neira
Feb 9O Partido Popular propón un ‘visado por puntos’ para os estranxeiros que queiran vir traballar a España. Como nas oposicións, os inmigrantes irán subindo na lista de preferencia para entrar no país mediante unha suma de méritos profesionais, ou por ter a sorte de vir dalgunha das nacións que o PP considera que manteñen “vínculos históricos” con España.
Como os populares non adiantaron o baremo que seguirán cualificar aos futuros inmigrantes -se gañan as eleccións- ídesme permitir apuntar alguns posibles criterios que poderían aplicar tendo en conta as declaracións realizadas por membros do PP estes días:
- Coñecemento do idioma español (seguro que dá puntos e ademais lles facilitará cumprir as condicións para asinar o ‘contrato de integración’ que tamén propoñen os populares).
- Puntuable para traballar na agricultura: experiencia na colleita manual de froitas e verduras (segundo tempada).
- Puntuable para a hostalería: acreditada capacidade memorística (posibilidade de establecer un test en base ao listado dos Reis Godos).
- Puntuable para o servizo doméstico: Familiaridade coas tarefas de limpeza e mantemento do fogar.
…
Porque claro, os traballadores altamente cualificados xa adiantou o coordinador do programa electoral do PSOE que recibirán “visados especiais”.

moi boa tamén
a viñeta de forges sobre o tema