Unha nova cabeceira para ‘El Progreso’

Por Juan Castro
Xan 23

Como ben verían os observadores, El Progreso, xornal irmán de Galiciae, experimenta hoxe unha forte posta ao día na súa versión papel. Na versión dixital esta posta ao día trasládase á gama cromática -abandonando o tradicional verde- e, sobre todo, a unha nova cabeceira.

cabeceiras-novaant.gif

Ángel Vaqueiro, responsable da edición dixital de El Progreso, explica as súas impresións desta formas as súas impresións sobre o cambio:

“Aínda recordo a cara que se nos quedou aquela mañá, a principios de setembro, en que Paco Trujillo e o seu equipo nos presentaron un avance do novo deseño de El Progreso. Cando vimos aquela cabeceira con letra de pau, como a chaman os tipógrafos, e non a gótica de sempre, contuvemos a respiración.

Fíxose un silencio atronador, ata que Paco dixo: ”Isto é unha actualización da vosa cabeceira histórica”. Moitos miraron para a parede, onde está colgada unha reprodución facsímile do número un, e respiraron.

A verdade é que o deseño que estrea este 23 de xaneiro El Progreso, no ano do primeiro centenario, racha xa dende o que parece o máis sacrosanto, a cabeceira. Recordo que Paco presentou un boceto do novo deseño coa cabeceira gótica, pero aquilo era como poñerlle a un santo dúas pistolas. O certo é que o deseño novo só vale con esta cabeceira.

Seguramente, este mércores imos descolocar a máis dun lugués. A unhas cen mil persoas, se ten razón o estudio general de medios… Bueno, serán máis, porque o que se achegue a un quiosco vai botar algo de menos. Sabido é que un non le a cabeceira do xornal que compra, senón que se guía polo conxunto das letras, a tipografía, o formato do xornal, os brancos e outras cousas.

Algún dirá que estamos tolos. Pero o certo é que a letra gótica non foi a primeira. No especial contan a historia: El Progreso empezou coa que reinterpreta agora; cambiouna por un estilo modernista 75 números despois (si, daquela os xornais eran moi impacientes), retocado preto do número 600, entre 1913 e 1920 usou a gótica, e no 1921 pasou a un modernismo esaxerado. O 1 de abril de 1921 adoptouse a letra gótica que ten acompañado a catro xeracións de lugueses.

Pero iso é pasado. Agora toca mirar cara adiante, e este cambio non vai ser só de cabeceira ou de deseño, senón que tamén vai afectar ao xeito de tratar as noticias, porque iso, contar o que pasa, é para o que serven os xornais.”

E como proba, aquí queda a viaxe polo tempo de El Progreso a través das súas diferentes cabeceiras:

progreso1.jpg

progreso2.jpg

progreso3.jpg

progreso4.jpg

progreso5.jpg

progreso6.jpg

E, finalmente,

progreso7.jpg

Moita sorte aos compañeiros de Lugo nesta nova etapa.

Arquivado en: Diario

6 respostas a “Unha nova cabeceira para ‘El Progreso’”

  1. No me gusta nada, creo que se pierde identidad. Y lo del arbolito…….

  2. Non me gusta nada a nova cabeceira. Penso que se pode ser muy progresista, modernista, etc., etc, ya sua vez respetar o pasado. A cabeceira, non e o mais importarte dun preyodico, pero a sua seña de identidade.

    Saludos

    Delio

  3. non me gusta,nin a cabeceira nin o interior,estaba mui ben antes,e si unha cousa funciona,¿pra que cambiala?.
    Eu compraba todos os dias o progreso,pero ahora deixarei de compralo,vexo todo mui desorganizado.

  4. no me gusta nada de moderno no tiene nada el que lo diseño ya pudo quedar cansado

  5. Tal parece que le saliera una variz en la portada.Parece el rostro de un habitual de la Rúa Nueva .

  6. Me parece que si se le coloca en el fondo de las letras una sombra para levantar las letras quedaria mucho mejor, asi se ve muy aplastada las letra. En cuanto a las páginas interiores creo que poco a poco se puede ir mejorando y ordenando porque el lector lo que desea es un orden y que la vista descanse al ver la pàgina, yo lo veo bien. Desde que llegue a este país soy lectora de ustedes. En mi paìs trabaje por 18 en un diario donde también se le hicieron muchos cambios. Me gustaria mucho pertenecer a su equipo de diagramación.

Deixa unha resposta

Rotativa cúbica

Rotativa cúbica

Así son as cousas do xornalismo. Ás veces parecen un contrasentido, pero quizáis só é cuestión de velas dende unha perspectiva diferente. Como non nacemos aprendidos, iremos debullando os nosos descubrimentos nesta esquina da rede.

Comentarios recentes