‘Golpes’ a ETA

Por Claudia Neira
Xan 8

Ollando hoxe as axencias de información non deixa de resultar rechamante que a busca de informacións sobre ETA dea máis resultados sobre as opinións duns e doutros sobre as lesións que presenta un dos detidos que sobre o achádego de dous zulos con diverso material explosivo da banda terrorista.

A operación da Garda Civil supón un importante golpe a ETA en España, pero é posible que na lembranza colectiva queden máis gravados os outros golpes que recibiu un dos presuntos terroristas durante a súa detención. Ás veces unha non pode evitar pensar que feitos coma este outorgan argumentos aos asasinos.

Arquivado en: Diario

Unha resposta a “‘Golpes’ a ETA”

  1. […] ‘Golpes’ a ETA Ás veces unha non pode evitar pensar que feitos coma este outorgan argumentos aos asasinos…. […]

Deixa unha resposta

Rotativa cúbica

Rotativa cúbica

Así son as cousas do xornalismo. Ás veces parecen un contrasentido, pero quizáis só é cuestión de velas dende unha perspectiva diferente. Como non nacemos aprendidos, iremos debullando os nosos descubrimentos nesta esquina da rede.

Comentarios recentes