Chegou a Lei
Por ArturoLosada
Dec 18Un xornalista está obrigado, moralmente, a tratar a información con honestidade, a non facer interpretacións tendenciosas dos feitos e a ser un punto escéptico co que lle contan. Poucas veces (ou nunca) se conseguen, pero son metas que hai que perseguir para facer un traballo digno.
O normal é que un teña que loitar contra a sua propia ignorancia e contra os intereses económicos do medio no que traballa para lograr un mínimo éxito. Mais hai casos nos que o peor obstáculo é o sentido do humor.
“Non sabes con quen te metes, son xuiz”

A frase non se lle atribue ao xuíz Dredd, senón ao xuíz Roberto García-Calvo, o que se di un gran tipo
