Os votos do canon dixital
Por Claudia Neira
Dec 14O Partido Popular abriu esta semana unha incógnita sobre o canon dixital. Vanse pronunciar a favor ou en contra da taxa? Os do PP, tan dados a votar en bloque no Congreso, teranse que poñer de acordo o luns sobre o ‘erro’ que cometeron os seus senadores.
E Mariano Rajoy, que hoxe se posicionou en contra do canon dixital, terá que convencer aos deputados do seu grupo se quere gañarse as simpatías (e quizais os votos) dos máis de 1.300.000 cidadáns que asinaron en contra do gravame. Moitos máis que os 66.000 asociados cos que conta aproximadamente a SGAE.
Pero non pensemos que Rajoy sacrificará os votos duns polos dos outros. Un home que practica con tanta facilidade o “consenso” na política pretende buscar un “pacto” entre todas as partes: consumidores, vendedores, produtores, artistas, intelectuais… para crear unha Axencia da Propiedade Intelectual, por agora indefinida como promesa electoral.
O que si está claro é que Mariano Rajoy sabe sumar.
