Dúas palabras sobre o idioma en Galiciae

Por Redacción
Dec 4

Na transformación de Xeración Web a Galiciae, un dos puntos chaves que ocupou máis tempo de reflexión foi, como non podía ser menos, o idioma. Como moitos sabedes, Xeración editábase exclusivamente en galego, cuestión coa que por certo, estabamos moi satisfeitos da e que non renegamos nunca.

Por outro lado, Galiciae.com non é só unha cabeceira, senón tamén un dos ‘engranaxes’ da nova plataforma web Grupo El Progreso, medios dixitais que ata o de agora se editaban exclusivamente en español.

Era natural que cada medio fose reticente á hora de dar un xiro na súa “política lingüística”. Por outro había consenso en que tiñamos que actuar de xeito coordinado.

A solución foi salomónica. Toda a plataforma dispón de dúas versións, unha en galego e outra en castelán. Os redactores da Plataforma Galiciae (de momento Galiciae.com, El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra) teñen a opción de escribir o texto orixinal no idioma que prefiran ou que se axuste a política do seu medio. Despois debe traducilo, revisalo, corrixilo e publicalo.

Poderiamos dicir que os xornalistas traducimos “a man” os textos sen facer uso dos tradutores automáticos pero isto, ademais dunha mentira, sería completamente ilóxico. Hoxe en día hai ferramentas suficientemente potentes que facilitan ese labor. Iso si, a revisión previa á publicación é fundamental e a disciplina e neste proceso será básico para o funcionamento correcto do sistema. Non facelo é responsabilidade de cada redactor e por extensión, de cada medio.

Configuración da área persoal
Sabíamos de sobra que algunha xente se molestaría ó ver que Xeración/Galiciae pasa de ser un medio exclusivamente galego a outro bilingüe. Sentímolo, pero non compartimos esa opinión. Os contidos seguen a ser accesibles en galego e o único que facemos é engadir a posibilidade de consultalos tamén en español, abrindo o abano de opcións sen ter que renunciar a nada.

Por outra parte, os lectores de información en galego temos agora novas posibilidade ó poder consultar na nosa lingua os informacións de El Progreso e do Diario de Pontevedra, nunhas versións que de seguro irán mellorando co tempo.

Tamén atopamos certa confusión sobre o idioma predeterminado. Galiciae.com non ten unha versión por defecto, xa que a páxina se carga segundo a configuración do navegador. Ademais, os usuarios rexistrados poden configurar na súa área persoal o idioma no que queren cargar a páxina. En canto á opinión -artigos e blogs- só serán accesibles na súa versión orixinal.

Arquivado en: Diario

12 respostas a “Dúas palabras sobre o idioma en Galiciae”

  1. Noraboa pola vosa decisión Bilingüe.
    Nestes tempos é unha decisión que vos fai máis grandes que ningún outro medio de comunicación en Galiciae…!

    Unha lingua sempre será falada en Liberdade!

    Gostaríame que fixérades co tempo un seguimento dos usuarios e comprobar se con este sistema escollen máis ou menos unha lingua ca outra…?

    Penso que é unha aposta de futuro !
    Noraboa e moita sorte nesta nova Etapa !

  2. ¡Me parece fenomenal! Me encanta la gente inteligente que no se ofende porque hables en una u otra lengua y deja que cada uno decida como quiere expresarse.
    Espero que os vaya muy bien.

  3. Todo o que sexa gañar espazos para o galego nos medios é bo, especialmente en medios ou grupos q ata o de agora apenas o empregaban. Que a web teña unha versión en español, non me molesta, mais… penso que non sobraba situar o galego coma lingua predeterminada porque, estaredes comigo: canta xente ten (ou sabe que pode ter) o navigador configurado co galego coma primeira lingua?

  4. O’ Xirarei, seguramente teñas razón e considerar que o idioma por defecto do usuario sexa o do seu navegador non é de todo acertado.

    A verdade é que pensabamos que os botóns de tradución, coa posibilidade de editar o teu perfil ou co feito de que as cookies conserve a configuración do idioma era suficiente para que usuario tivese liberdade de opción.

    Pero a verdade é que nos sorprende que algunha xente nos pregunte por que nos pasamos ao castelán e deixamos de lado o galego, porque non era a nosa intención.

    Dentro dalgúns días tocaranos facer reflexión e ver se o sistema está funcionando axeitadamente ou se é necesario cambialo. Para nós é importante que cada usuario saiba que ten a opción de elixir a versión coa que se sinta máis cómodo. Se non está sendo así, tocaranos facer autocrítica e buscar algunha solución.

  5. Eu, simplemente, eliminei esta páxina e xeracion.com dos meus marcadores.

  6. Considero que logo da creación de Xeración, isto é un paso atrás, pois o lóxico, logo do que comezastes, era facer Galiciae en galego, coa opción de trocar ó castelán, e non ao contrario.

  7. Agora só vos falta o grande paso adiante: para cando a edición de papel do Progreso e o Diario de Pontevedra en galego?

    Existe o exemplo do Periódico de Catalunya, que leva máis de 10 anos coas dúas edicións (e a catalá seica ten máis “éxito de vendas”).

    Ánimo, valentes!

  8. Sen dúbida seríades o primeiro grupo bilingüe!
    Penso que sería un éxito e unha lección para moitos medios que seguirían por este camiño!

    http://ouriceira.blogaliza.org/sobre

    Para mostra un botón… Xabre estupenda idea!

    ¿Cómo foi o de facer un blog bilingüe Xabre?

    Sentido común…? Saúde !

  9. Es una decisión coherente con el principio de RESPETO al ciudadano, y es al final cada persona quien decide en que lengua se encuentra mas comodo.
    Las politicas de masas, alccionamientos e imposiciones son INCOMPATIBLES con la libertad y por tanto también con el periodismo.
    La decisión adoptada no solo es la mas acertada, sino que dará a la empresa un perfil REAL de los lectores NO MANIPULADO POLITICAMENTE.

  10. Vexo muito de hipocrisía nesta aclaración.

    1.- Confiar nos tradutores automáticos é sempre unha carencia no resultado final.
    2.- Revélase unha desconsideración do galego, porque o galego aquí publicado é sempre de peor calidade que o castelán (cheo de faltas de ortografía e españolismos de todo tipo, como a colocación dos pronomes).
    3.- O resultado de traducir automaticamente, ao contrario do que escribir orixinalmente en galego ou traducir manualmente, é que a noticia traducida ao galego parece un calco na súa estrutura, xiros lingüísticos e léxicos, da noticia orixinal en castelán.
    4.- Está dito, e moi ben dito, que Galiciae supón un xiro de política e unha aposta polo castelán, porque se en Xeración xa se notaban os desmáns dun tradutor automático, o ver as noticias agora en mal galego e perfecto castelán confirman o que antes só era crenza.
    5.- En parte coincidindo co anterior, facer depender en principio (EN PRINCIPIO) a opción lingüística polo idioma predeterminado do navegador, é unha falacia, porque o mecanismo que aquí empregades nin soporta todos os navegadores nin entende todas as opcións de idiomas. Para ver a versión galega en primeiro lugar, o teu navegador debe estar obrigatoriamente en galego. E o tes en castelán, inglés, portugués, etc., sempre che sae a versión en español. Todos os camiños, vamos, levan a Roma…
    6.- Por último, non creo nada o da revisión dos textos, xa que unha boa revisión dá o mesmo traballo que a tradución manual. Se houbese revisión aquí non se traducirían os nomes propios, non aparecerían uns pronomes colocados da forma que o fan e moitas outras cousas.

  11. proponho que o jornal seja em galego e se traduza automáticamente à variedade venezuelana do espanhol. “de casposos, ao rio”

  12. […] de la definició d’Ouriceira. Val més tard que mai. Dedicat amb tot el meu carinyu al comentari tan constructiu de Dalle (?). Fer un bloc bilingüe és tot un plaer i una manera molt bona d’aprendre català. […]

Deixa unha resposta

Rotativa cúbica

Rotativa cúbica

Así son as cousas do xornalismo. Ás veces parecen un contrasentido, pero quizáis só é cuestión de velas dende unha perspectiva diferente. Como non nacemos aprendidos, iremos debullando os nosos descubrimentos nesta esquina da rede.

Comentarios recentes