¿Para que vale isto do GeCubo?
Por Marcos Ferro
Dec 3Ese recadro que vedes na parte dereita da portada e nas seccións de Galiciae é ó que nos lle chamamos GeCubo. Pensámolo como o punto no que se xunta toda a actividade de do novo xornal. As novas que escribimos, as túas valoracións, as discusións quedan rexistradas nel ó momento, para que nunca te perdas o que está a pasar.

Hai dúas versións do GeCubo. A versión básica permite ver o fluxo de información actualizada constantemente, para que non teñas que refrescar o teu navegador se queres botarlle un ollo ás últimas novidades. O funcionamento vén sendo similar ó Fedello de Chuza ou a Fisgona de Menéame. Podes navegar polos contidos da sección que prefiras, ou de todas, e escoller se queres ver só as noticias, os comentarios ou os votos de cada noticia.
A versión avanzada funciona na portada de Galiciae se navegas coa versión 8 ou superior do plugin de Flash Player. Ademais das funcionalidades básicas, esta versión… xira! e permíteche ver os últimos videos subidos ó xornal e acceder ás noticias a través dun mapa, no que aparecen segundo a súa localización xeográfica. Só clica nos botóns superiores e verás.

Arríncalle o corazón a Galiciae
Unha das vantaxes do GeCubo é que poderás seguir informándote en tempo real aínda que deixes a páxina de Galiciae. Para iso, clica no botón ‘Externo’ que aparece na versión avanzada e terás a esencia de Galiciae nunha xeitosa fiestra que podes conservar mentres continúas a túa navegación pola rede.

O deseño do GeCubo, como o do resto de Galiciae non para quieto. Iremos engadindo novas funcións e corrixindo os erros que poida haber. Nas nosas cabezas xa temos novas ideas para a versión 2 do noso “centro de comunicación”, para facelo máis modular, máis cómodo de usar e tamén máis interactivo. Mentres tanto, agardamos que esta pequena aplicación vos resulte útil, e dende logo, estaremos encantados de que nos fagades suxerencias sobre novas funcións ou nos indiquedes algún fallo que poida ter.

Xenial