Ola Mundo!

Por Redacción
Dec 2

Aquí está, en Beta -“moi Beta de Dios”-, pero está, que é o que conta. Despois dalgunhas noites de moi pouco durmir (e aínda quedan unhas cantas), Galiciae.com abre as súas portas. Sexan todos benvidos.

Nas próximas semanas iremos incorporando novas funcionalidades a esta versión “light” que estreamos hoxe, ao tempo que iremos arreglando as cousas que vaiamos rompendo. Algunhas novidades témolas xa na cabeza; e outras moitas agardan no “limbo” a que as rescatedes. Non sexades malos, se atopades algunha, axudádelle a encontrar o camiño…

Galiciae é unha nova cabeceira, herdeira da “semente” de Xeración Web. Pero ao mesmo tempo, pretende ser o núcleo dunha plataforma na que se vaian integrando os diferentes medios dixitais do grupo El Progreso. Cada xornal contará coa súa propia autonomía en canto a estilo e contidos, aínda que se se buscarán sinerxias e estratexias comúns.

De inicio, xunto a Galiciae intégranse as webs de El Progreso de Lugo e o Diario de Pontevedra, aínda que a migración de todos os contidos e arquivos será paulatina. Nas próximas semanas, iranse sumando a este proxecto os que xa están colgados na Rede e outros que están por vir.

Por suposto, todo aviso e axuda sobre os fallos que vaiades atopando será benvida, especialmente nestes primeiros días de certa complexidade. Sen vós, pouco podemos facer.

Galiciae.com

Arquivado en: Diario

2 respostas a “Ola Mundo!”

  1. Xa vexo que as horas de traballo deron os seus froitos… Agora só queda desexarvos forzas para o que virá (non vou desexar sorte porque ben sei non a precisades!!)

    Unha aperta para todo o equipo XD

  2. Parabéns! Está moi ben moi ben, e os de Lugo alegrámonos de poder ver a El Progreso integrado nunha web moito máis moderna e lexibe da que tiña antes. Preséntase un escenario moi interesante co voso novo proxecto e a aparición, pasadomañá, de A Nosa Terra diario. Noraboa a todo o equipo e a seguir con moita forza. Saúdos.

Deixa unha resposta

Rotativa cúbica

Rotativa cúbica

Así son as cousas do xornalismo. Ás veces parecen un contrasentido, pero quizáis só é cuestión de velas dende unha perspectiva diferente. Como non nacemos aprendidos, iremos debullando os nosos descubrimentos nesta esquina da rede.

Comentarios recentes