Lío de pantalóns

Por Sheila Aldariz
Xan 7

E outra vez o Estado enteiro escandalizado. E desta non é pola tan citada crise, nin pola entrevista a Julián Muñoz, nin polo final de “Sin tetas no hay paraíso”. Esta vez é por mor da ministra de Defensa. Xa se sabe, o caso é falar de algo no ascensor, xa que non do tempo, ou da veciña do quinto, pois da Chacón.

E desta vez, a ministra fixo algo moito peor que ser ministra, catalana, ou quedarse embarazada. Desta, saltouse o protocolo e puxo os pantalóns para a celebración da Pascua Militar. E xa se sabe, nun mundo de homes, ¿qué fai unha muller cos pantalóns postos?

Descoñecida é a causa de tal atrevemento que fai que moitos se revolvan nos seus sofás, pero se a ministra fora de vestido largo de Aghata Ruiz de la Prada, alguén falaría igual.

Da moito que pensar que, a estas alturas do século XXI, o tema de noticia nos medios sexa  a indumentaria de Carme Chacón e non o seu discurso, no que falou da situación en Afganistán, da loita contra a piratería nas costas de Somalia ou da aprobación dun novo código de conduta militar.

¿Que máis dan todas esas cousas, cando a ministra marca tendencia levando un esmoquin feminino?

Arquivado en: Desbarrando | Comentarios (3)

Boas Festas!

Por Redacción
Dec 21
Arquivado en: Desbarrando | Comentarios (2)

Gypsy Punk en Capitol

Por LauraAntelo
Dec 15

Problemas técnicos

Por ArturoLosada
Out 27

A blogosfera, en pé contra a pobreza

Por Beti Vázquez
Out 15

Pobre Bush…

Por Juan Castro
Set 29
Arquivado en: Terror! | Comentarios (0)

Chegan as fotogalerías

Por Redacción
Ago 8
Arquivado en: Diario | Comentarios (0)

Mercado libre para os pequenos

Por ArturoLosada
Ago 5
Arquivado en: Desbarrando | Comentarios (2)

Borralos do mapa

Por Juan Méndez
Xull 10

Os grandes damnificados do triunfo de España

Por ArturoLosada
Xun 23
Arquivado en: Desbarrando | Comentarios (2)
Rotativa cúbica

Rotativa cúbica

Así son as cousas do xornalismo. Ás veces parecen un contrasentido, pero quizáis só é cuestión de velas dende unha perspectiva diferente. Como non nacemos aprendidos, iremos debullando os nosos descubrimentos nesta esquina da rede.